Thursday 02 de May de 2024

Todo listo no pavillón Castelao I para acoller mañá o III Trofeo Alquimia Ordes de patinaxe artística


Nel participarán 200 nenos e nenas de equipos de toda Galicia. A cita arrancará a partir das 9.30h e durará toda a xornada
O pavillón Castelao I acollerá mañá sábado o III Trofeo Alquimia Ordes de patinaxe artística. Unha competición de nivel na que participarán arredor de 200 nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 17 anos. A cita dará comezo a partir das 9.30 horas e está previsto que dure todo o día, arrancando a competición oficial arredor das 18 horas.
Nesta ocasión hai que falar de equipos procedentes de diversos puntos do territorio galego como Ourense, Lugo, Ames, Santiago, Laracha, Ferrol, Carral, Cambre, As Pontes e Ordes.